...

Conxunto de manchas de cor contrastada respecto á cor dominante da matriz dun horizonte. En xeral, considérase significativo e descríbese cando a proporción de superficie ocupada polas manchas é superior ao 10 % da superficie observada. Descríbese atendendo a: cantidade (proporción de manchas), tamaño, cor, contraste, nitidez, forma e distribución. As manchas poden corresponder a condicións ecolóxicas actuais ou ben pasadas (manchas relictas ou herdadas). Das características das manchas pódense inferir outras propiedades e comportamento do solo, como por exemplo a clase de drenaxe.