...

Pipeta especial que consta dun bulbo de succión, que permite pipetar unha alícuota de 20 mL, e dunha chave especial inventada por Gilbert W. Robinson para excluír o líquido que supera ese volume. Utilízase en análises granulométricas para tomar alícuotas a determinadas profundidades e tempos na probeta de sedimentación, coa fin de determinar, xeralmente, a fracción arxila e a fracción limo máis arxila.