Especie vexetai que se pode encontrar nos campos de cultivo e que entra en competencia pola auga, a luz e os nutrientes coas plantas cultivadas. Distínguense entre plantas anuais (completan o seu ciclo vital nun período inferior a un ano) e perennes ou vivaces (ciclo superior a un ano). Dado que poden ter efectos beneficiosos, a agricultura ecolóxica prefire a denominación de plantas adventicias. Pódese deixar que crezan libremente en franxas de vexetación en campos en ladeira, para cortar a lonxitude da pendente e controlar deste modo as augas de escoamento superficial e a erosión do solo, dando unha saída controlada á auga. Por outra banda, estas franxas de vexetación poden servir de refuxio para parasitos e os seus hóspedes, diminuíndo o ataque aos cultivos.