Planta cuxa demanda de nitróxeno se satisfai preferentemente a partir de nitratos, N- NO3, polo que require solos ricos nesta forma de nitróxeno ou a aplicación de fertilizantes portadores de nitróxeno nítrico.
Requiren unha gran cantidade de N-NO3, por exemplo, a ortiga, Urtica dioica</> L.; a espinaca, Spinacia oleracea L.; a verónica persa, Veronica persica Poir.; a correola menor, Convolvulus arvensis; outras plantas que se atopan nos bordos dos campos de cultivo.
A presenza destas plantas pode servir de bioindicador da abundancia de N-NO3 no solo.