...

En microbioloxía, termo que define a aparición de dous ou máis formas estruturais dun organismo durante o seu ciclo de vida (virus, bacterias e lévedos), unha condición análoga ao polimorfismo en organismos superiores. Algúns microorganismos alteran a súa morfoloxía, funcións biolóxicas ou modos reprodutivos en resposta ás condicións ambientais.

En histoloxía e en citopatoloxía úsase para describir a variabilidade no tamaño, na forma e na tinguidura das células ou dos seus núcleos.