Biomoléculas formadas por numerosas unidades de monosacáridos unidos por enlaces glicosídicos.
Un polisacárido pode ser un homopolisacárido, no que tódolos monosacáridos son iguais, ou un heteropolisacárido no que se unen distintos monosacáridos. O polisacárido máis abundante é a celulosa, un homopolisacárido constituído por unidades de B-glicosa que é o principal compoñente estrutural das células das plantas e o amidón, constituído por numerosas unidades de glicosa unidas por enlaces α-glicosídicos, que é o polisacárido de reserva de enerxía das plantas. Outros polisacáridos importantes son: as hemicelulosas, heteropolisacáridos formados por pentosas e hexosas, cunha estrutura é ramificada e máis complexa que a da celulosa que están na lámina media e actúan como pegamento das paredes de celulosa das plantas; a pectina, un heteropolisacárido cuxo principal compoñente é o ácido galacturónico e que forma parte das paredes celulares das plantas superiores; e a quitina, un heteropolisacárido nitroxenado que constitúe o compoñente estrutural das paredes celulares dos fungos e do exoesqueleto dos artrópodos.
Os polisacáridos son unha fonte de enerxía para os organismos que viven no solo de aí que se descompoñan con rapidez, a non ser que formen complexos con minerais de arxila e substancias húmicas.