...

Relación porcentual entre a suma de catións básicos (alcalinos e alcalino-térreos) intercambiables: (Ca2+, Mg2+, Na+, K+), que ocupan o complexo de intercambio, expresados en cmolc kg−1 de solo, e a capacidade de intercambio de catións determinada a pH 7,0, expresada en cmolc kg−1. Represéntase cunha V. Existe unha correlación positiva moi xeral entre o valor de V e o pH do solo, de maneira que, canto maior é o valor de V, maior é o pH do solo, sen que a relación sexa lineal. É un indicador da fertilidade do solo, xa que valores baixos implican falta de macronutrientes e posibles problemas de toxicidade por aluminio e outros metais. En solos con carbonatos o seu valor é do 100 %. O cualificador éutrico da WRB indica que o valor de V é igual ou superior ao 50 %, mentres que dístrico indica que o valor de V é inferior ao 50 %.