Fracción do volume aparente do solo que contén aire nun momento determinado ou baixo unhas condicións dadas, tales como cun contido determinado de auga ou potencial matricial. Para un crecemento óptimo das plantas débese atopar polo menos entre 0,10 e 0,12 dentro dos dous ou tres días despois dunha rega o dunha choiva intensa.