...

Volume relativo de ocos entre partículas minerais do solo cando entran en contacto e se ensamblan. Corresponde a un mínimo de organización do solo e depende: (1) do tamaño e a morfoloxía das partículas (en materiais arxilosos soamente son visibles co microscopio electrónico, mentres que nos areentos son parcialmente observables a simple vista); (2) da presión á que estivo sometido o material, xa sexa por desecamento ou por actividade biolóxica (presión das raíces ou o paso da fauna). Está formada por poros de empaquetado simple, observables en lámina delgada, que están completamente interconectados.