...

Magnitude proposta para interpretar fenómenos de intercambio catiónico e a dispoñibilidade de calcio no solo. No equilibrio entre os catións H+e e Ca2+e da fase líquida (e) e da interface (i), a relación de actividades é igual para cada un dos catións na fase líquida e na interface exprésase como: (aH+)i/(aH+)e = (aCa2+)e1/2/aCa2+)i1/2 que, en forma logarítmica se expresa como: pH − 0,5pCa, onde Ca é a actividade de ións calcio na fase líquida do solo no equilibrio obtido tratando unha mostra de solo con CaCl2 1 µ. Tamén se pode expresar como: pH − 0,5p(Ca + Mg). Os valores destes potenciais son menores que o pH en dúas unidades en solos fortemente acedos e menores nunha unidade en solos neutros. En realidade non se trata dun potencial químico, senón dun produto de solubilidade, se ben o uso xeneralizou a expresión de potenciais químicos de Schofield, que foi quen os propuxo.