Potencial eléctrico na superficie dunha dobre capa no plano de escorregamento (slipping plane) entre unha partícula e a disolución que se despraza con ela cando se sitúa nun campo eléctrico, e o resto da disolución que non se despraza. Atópase a unha distancia da superficie coloidal de polo menos unha monocapa de catións hidratados (capa de Stern). A súa importancia reside en que controla a interacción entre partículas en suspensión e a mobilidade electroforética do coloide. O coloide tende a flocular ao pH cuxo potencial Z se aproxima a cero. A medida do potencial Z utilízase no tratamento de augas para avaliar o potencial de floculación de biosólidos en suspensión.