Magnitude proposta para expresar a solubilidade dos fosfatos na fase líquida do solo e a súa dispoñibilidade para as plantas. Exprésase pKps = 0,5 pCa (en molc L−1). Os valores baixos suxiren unhas dispoñibilidades altas para as plantas, mentres que os valores altos indican menores dispoñibilidades de fósforo, se ben este método non puido ser axeitadamente contrastado. Ademais, os resultados da determinación deste potencial dependen en boa medida da relación solo/disolución e do tempo de axitación. En realidade, non se trata dun potencial químico, senón dun produto de solubilidade do fosfato monocálcico nunha disolución de CaCl2 0,02 µ, pero o nome potencial xeneralizouse dende que foi proposto por Schofield.