...

Segundo a International Union of Soil Sciences (IUSS), cantidade de traballo por unidade de volume de auga que se debe realizar para transferir reversible e isotermicamente unha cantidade infinitesimal de auga pura e libre, desde o estado de referencia situado á elevación de referencia (Z0) ata unha elevación determinada, Zx, de maneira que ψg = ρw × g × (Zx – Z0). A relación entre Z e ψg é lineal. Adóitase tomar como estado de referencia a superficie do solo, o nivel da capa freática ou a base da rizosfera. O potencial gravitacional é maior de cero, ψg > 0, cando a auga se atopa por encima do estado de referencia; é ψg = 0 no estado de referencia; e é ψg < 0 cando x se atopa por debaixo do estado de referencia. Represéntase por ψg e pódese expresar como: enerxía/masa, J kg-1; enerxía/volume, N m-2 = Pa (Pascal), utilizándose un múltiplo, o kPa = 1000 Pa; ou enerxía/peso, m.