...

Compoñente do potencial total da auga do solo que se debe ás forzas que derivan do campo gravitacional, polo que está asociado á posición vertical que ocupa a masa de auga dentro do solo. Dá lugar ao movemento vertical descendente da auga no solo e, polo tanto, desempeña un papel importante na eliminación espontánea do exceso de auga da rizosfera despois dunha choiva ou dunha rega. Se se toma como plano de referencia a superficie do solo, o potencial gravitacional exprésase pola cota do punto considerado dentro do solo, en cuxo caso exprésase en unidades de enerxía/peso, en cm.