...

Aparato para medir o potencial eléctrico dun electrodo somerxido nunha disolución o nunha suspensión, en relación cun electrodo de referencia de potencial constante coñecido. O electrodo de referencia pode ser de calomelanos ou de prata-cloruro de prata, e o indicador é un electrodo selectivo de ións ou ben un electrodo de pH. Permite realizar medidas puntuais ou contínuas mediante un equipo rexistrador. Utilízase para medir pH, potenciais redox e a concentración de determinados ións utilizando electrodos selectivos de ións.