Proceso por medio do cal se forma un composto insoluble por efecto dunha reacción química ou bioquímica. Pode ocasionar o crecemento tridimensional da estrutura cristalina dun mineral preexistente, ou dun núcleo de cristalización, ou pode facer aumentar o espesor dunha capa adsorbida sobre una superficie con pouca incidencia sobre a carga de superficie. Ten relevancia na edafoxénese, xa que permite explicar o crecemento de cristais no solo. Tamén é importante no tratamento da auga potable e no de efluentes industriais ou mineiros.