...

Presión que se desenvolve durante os procesos de expansión dun solo. Esta presión correspóndese con: 1) a presión que debe aplicarse a un corpo de solo para previr que se expanda ao aumentar o seu contido en auga; 2) a presión exercida por unha masa de solo confinado sobre as paredes dun contedor ríxido cando o solo embebe auga procedente dun depósito a presión atmosférica. Pode provocar que os poros grosos se pechen e diminúa a permeabilidade do sistema, este fenómeno resulta de interese para que este material poida ser utilizado para a selaxe de zonas onde se necesita reducir ou eliminar o fluxo de auga, coma os vertedoiros.