...

Presión necesaria para deter un proceso de osmose, que consiste na difusión de auga desde unha disolución diluída (hipotónica) a outra máis concentrada (hipertónica) cando ambalas dúas están separadas por unha membrana semipermeable. A presión osmótica (Π) calcúlase mediante a fórmula Π = mRT, onde m é a molalidade, R é a constante dos gases e T é a temperatura en kelvins (K). A presión osmótica está relacionada coa salinidade da fase líquida do solo, que dá orixe ao potencial osmótico xpsix0 da auga do solo. Pódese aproximar a partir da condutividade eléctrica do extracto de pasta saturada, (CEs), por medio da fórmula ψ0 (kPa) = −k · CEs (dS m−1 a 25 °C), onde k é unha constante que depende da clase de sales predominantes. Para o cloruro de sodio (NaCl) e o cloruro de potasio (KCl) ten un valor de 36, para sales de tipo MX2 e M2X ten un valor de 30, e para o sulfato de magnesio (MgSO4) o valor é de 28.