Principio da dinámica de poboacións que sostén que dúas ou máis especies que teñen requirimentos ecolóxicos idénticos ou unha demanda activa por un mesmo recurso non poden coexistir de maneira estable no mesmo espazo se os restantes factores ecolóxicos permanecen constantes, xa que a especie que teña unha vantaxe competitiva (p. ex., ser máis eficiente no uso do recurso limitante) acabará excluíndo á outra e levaraa á súa extinción.
Este principio foi proposto polo naturalista ruso G. F. Gause.
A interacción pódese dar entre individuos da mesma especie (competencia intraespecífica) ou de especies diferentes (competencia interespecífica). A competencia dentro dunha especie e entre especies xoga un papel fundamental na selección natural.
En condicións normais, no ecosistema edáfico as poboacións de organismos autorregúlanse de forma natural. Este equilibrio rómpese cando, por exemplo, se incorpora ao solo algunha emenda orgánica que aporta algún nutriente que sexa limitante, e pode xerar que os organismos compitan para obtelo; ou cando se aporta algún contaminante con toxicidade selectiva.