Lei que enuncia que a presión exercida sobre un punto dun fluído incompresible e en equilibrio dentro dun recipiente de paredes indeformables se transmite con igual intensidade en todas as direccións e en todos os puntos do fluído, sen deixar de estar en equilibrio, nin modificarse a xeometría do fluído. A prensa hidráulica constitúe unha aplicación deste principio.