Ensaio realizado cun penetrómetro para determinar as características do terreo. Utilízase en arxilas brandas, limos brandos e en depósitos de area fina e media (non é adecuado para gravas ou depósitos cohesivos de gran dureza). Corresponde á norma ASTM D-3441. Consiste en solotar a presión a punta do cono no solo, a unha velocidade de entre 10 e 20 mm s-1, para medir por separado a resistencia que opón o solo á penetración do cono (índice de cono, qc) e a resistencia á fricción, fc. A razón de fricción defínese como Fc = fc/qc.