Proceso fisicoquímico reversible no que unha especie química gaña os electróns que outra especie química cede. Toda oxidación (semirreacción), está asociada forzosamente a unha redución (semirreacción), polo feito de que non pode haber electróns libres na natureza.