Propiedade dunha disolución que só depende da concentración (número de partículas de soluto por unidade de volume do disolvente), pero non da natureza das moléculas presentes. Manifesta o efecto dun soluto sobre o disolvente. Entre estas propiedades cabe indicar: a presión de vapor, o punto de conxelación, o punto de ebulición e a presión osmótica.