Propiedade que é directamente proporcional á cantidade de materia que contén o sistema, como por exemplo, o volume, a masa ou a carga eléctrica neta. Nun sistema constituído por varias fases, é a suma dos valores de cada unha das fases ou dos subsistemas que o compoñen. A relación entre dúas variables extensivas dá unha variable intensiva (a concentración, p. ex.).