...

Substancias praguicidas producidas por plantas e o material xenético necesario para que, incorporado a unha planta, faga que esta poida producir a substancia (proteína) con efectos biocidas. O cultivo de plantas con PIP permite diminuír o uso de praguicidas químicos de síntese e o risco de contaminación de solos por subprodutos derivados deles.

Tanto a proteína como o seu material xenético están regulados pola EPA; a planta en si non está regulada. O uso de plantas con PIP, organismos xeneticamente modificados (OGM), non está autorizado polo Regulamento da agricultura ecolóxica. Siglas PIP (en. Plant-Incorporated Protectants).