...

Organismo artrópodo pertencente á Clase Arachnida, Orde Pseudoscorpionida, denomínanse tamén falsos escorpións pola súa similitude morfolóxica, pero fáltalles o postabdome alongado dos verdadeiros escorpións.

A coloración é, en xeral, parda ou con tonalidades avermelladas, algúns son negros; o tamaño varía de 1 a 8 mm; o seu corpo está dividido en dous tagmas: prosoma (cefalotórax), formado pola fusión da cabeza e o tórax, onde se atopan os ollos (un ou dous pares de ocelos), un par de quelíceros, un par de pedipalpos terminados en pinzas e catro pares de patas; i opistosoma (abdome), está dividido en 11-12 segmentos, pode ser globoso ou alongado segundo as especies e carece de apéndices. Teñen en común cos escorpións as glándulas do veleno.

Son de hábito terrestre e en xeral viven en sitios húmidos. Pódense encontrar debaixo de rochas, follada, musgos e casca de árbores, covas, entre outros hábitats.

Son depredadores e aliméntanse de ácaros, colémbolos, dipluros, dípteros, formigas, isópodos e larvas de varias especies.

Algúns xéneros pódense utilizar como bioindicadores das condicións ambientais do lugar no que habitan (Minniza sp.).