...

Psicrómetro cun sensor (termopar), formado pola unión de dous metais distintos, capaz de xerar unha diferenza de potencial moi pequena (mV), a cal depende da da diferenza de temperatura entre un dos extremos, denominado unión quente (punto quente), e o outro, chamado unión fría (punto frío) ou de referencia. A diferenza de temperatura prodúcese ao aplicar unha forza electromotriz entre ambas unións. Na súa aplicación a medidas no solo, unha das unións equilíbrase coa atmosfera do solo, colocándoa dentro dunha copa porosa oca en contacto co solo, mentres que a outra unión se coloca nun medio illado para amortecer os cambios de temperatura ambiente.