Complexo resultante da unión entre unha molécula orgánica que contén dous ou máis grupos funcionais doadores de electróns (ligando) e un catión metálico por medio dun enlace covalente coordinado. Fórmase un complexo de esfera interna que é un anel heterocíclico. O comportamento da especie química non complexada é diferente da que o está. Así, o Fe3+, que é insoluble, pode ser translocado en forma de quelato en procesos naturais de queluviación, por exemplo en EspodosolesST ou PodzolesWRB. Esta propiedade utilízase para mellorar a nutrición en ferro e corrixir problemas de clorose férrica.