Proceso de transferencia de enerxía térmica en forma de ondas electromagnéticas que ten lugar desde calquera corpo cuxa temperatura sexa superior a oK. De acordo coa lei de Stefan-Boltzmann, o total de enerxía emitida por un corpo, Jt, é proporcional á cuarta potencia da temperatura absoluta, T, da superficie do corpo: Jt = εσT4, onde ε é o coeficiente de emisividade, que ten un valor unidade para un emisor perfecto (corpo negro); e σ é unha constante.