Relación entre a área dunha sección transversal perpendicular ao fluxo, A, e o seu perímetro mollado, P. Mídese en unidades de lonxitude. Polo xeral relaciónase directamente coas propiedades xeométricas dun leito ou canal e calcúlase da seguinte maneira: Rh = A/P. Utilízase para medir a eficiencia do fluxo dun fluído nun leito ou canal, é dicir, a habilidade que presenta ese leito ou canal para mover auga.