Reacción química na que se produce unha transferencia de electróns dunha especie química a outra. A especie que perde electróns denomínase oxidada e a que os gaña denomínase reducida. Na especie que se oxida, o estado ou número de oxidación aumenta; en cambio, na que se reduce, diminúe. En compostos iónicos, o estado de oxidación coincide coa carga eléctrica real do elemento (valencia), mentres que en compostos covalentes non existe tal coincidencia, como é o caso dos compostos de carbono. Por exemplo, o Fe3+ (oxidado) (oxidado) ao ceder un electrón pasa a Fe2+ mentres que o carbono, cuxa valencia é sempre 4, presenta un estado de oxidación +4 no dióxido de carbono (CO2), pero cambia a −4 ao reducirse a metano (CH4) nun medio extremadamente redutor.