...

Proceso fisicoquímico no que unha especie química gaña electróns da especie que se oxida. Acontece en solos saturados de auga (condicións ácuicas). Por exemplo, o Fe3+ redúcese a Fe2+ ao gañar un electrón. Toda redución (semirreacción) está de xeito obrigado asociada a unha semirreacción de oxidación, polo feito de que non pode haber electróns libres na natureza.