...

Rama da física de medios continuos que se dedica ao estudo do comportamento do solo ao aplicarlle forzas externas que provocan a súa deformación ou fluencia. Establece relacións para crear modelos do comportamento do solo aplicables para resolver problemas de estabilidade de noiros e cimentacións, así como tamén ao comportamento e manexo do solo en tracción e labra e en conservación ambiental. As principais propiedades reolóxicas son a viscosidade aparente, os coeficientes de esforzos normais, a viscosidade complexa e o módulo de almacenaxe, entre outras.