Proceso de endurecemento temporal moi pronunciado do material do solo ao secar, que afecta á parte superior do solo (os 10 a 20 primeiros centímetros). Ten lugar en solos cunha baixa estabilidade estrutural á auga e un baixo potencial de expansión-retracción (inchamento-contracción). Cando se humedece o material endurecido desfaise rapidamente e, ao volver a secar, convértese nunha masa de estrutura continua (apedial) tan dura que impide a penetración das raíces, a xerminación e emerxencia das plántulas, e o cultivo, se antes non se humedece de novo. Favorece taxas de escoamento altas.