Taxa á que debe ter lugar o intercambio de gases entre a atmosfera e o solo para que se achegue a cantidade de osíxeno consumido pola respiración debida á actividade biolóxica e se elimine o dióxido de carbono producido. É unha información difícil de obter, xa que tanto a distribución espacial da respiración no solo como a súa variación temporal dependen de moitos factores: temperatura, humidade do solo, pH, contido e composición da materia orgánica. Distínguense medios aerobios, cunha taxa de aireación adecuada, e medios anaerobios ou con estrés de osíxeno.