...

Dióxido de carbono, CO2, emitido polos microorganismos do solo, resultado da descomposición da materia orgánica. A medida realízase sen adición de nutrientes.

Pódese cuantificar a partir do CO2 emitido ou do O2 consumido. O primeiro é o método máis amplamente utilizado.

De acordo coa norma ISO 1072:2002, determínase por incubación en laboratorio dunha mostra peneirada (xeralmente a 2 mm) en condicións óptimas de humidade (da orde dun 60-80 % da auga retida a -33 kPa) e temperatura (25 C), durante un intervalo de tempo. Trátase dunha actividade respiratoria potencial, xa que as condicións estándar de incubación no laboratorio non coinciden coas condicións de campo.