Siglas SIR (en. Substatre Induced Respiration).
Respiración microbiana do solo estimulada coa aplicación dun substrato lábil (xeralmente glicosa, pero tamén aminoácidos). Esta taxa respiratoria máxima emprégase para estimar a biomasa microbiana, xa que está relacionada coa poboación de microorganismos vivos do solo.
A cantidade de substrato a aplicar débese optimizar para cada tipo de solo e tamaño da mostra. O incremento inicial da respiración trala adición do substrato mantense relativamente estable durante 1 a 6 horas, intervalo de tempo no que se debe realizar a medida, antes de que se produza un ulterior incremento da respiración, como consecuencia do incremento na reprodución celular e do crecemento das poboacións microbianas existentes no solo.