Técnica para eliminar, por medios biolóxicos, contaminantes (metais pesados e nutrientes) da auga de escoamento superficial de áreas agrícolas ou urbanas pequenas, co fin de mellorar a calidade da auga e diminuír o risco de que afecten a outros ecosistemas (p. ex., corpos de auga).
Consiste en instalar filtros biolóxicos para que reteñan de forma persistente os contaminantes. Adóitanse empregar: 1) filtro orgánico (capa de mulch, fragmentos de madeira ou outro adsorbente) e debaixo un substrato de drenaxe (un material edáfico arxiloso e poroso); 2) filtro verde constituído por unha franxa de vexetación, con árbores cunha elevada capacidade de absorción de nutrientes contidos na auga (nitróxeno e fósforo).