...

Potencial de redución dunha reacción redox no solo, que se expresa como rH = −log (PH2). Indica a intensidade de redución ou o poder redutor do hidróxeno, onde PH2 é a presión parcial do H2 gasoso (en atm) en equilibrio coa disolución do sistema redox. O valor do rH faise máis negativo a medida que a concentración das especies químicas redutoras aumenta. Se PH2 = 1 atm, entón rH = 0. Se ben pode substituír ás medidas de Eh, estas resultan máis doadas de realizar que as de presión parcial do H2 gasoso, cuxos valores moi baixos son difíciles de medir con precisión. Tamén pode expresarse coas igualdades rH = 2(pe + pH) ou rH = [(Eh/29) + 2 pH], (onde Eh é expresado en mV), que permiten predicir a intensidade de redución nos solos. Valores de rH < 20 indican condicións redutoras segundo os criterios da Base de Referencia Mundial dos Recursos do Solo (WRB, 2008).