...

Técnica de fitorremediación baseada na utilización de biosorbentes microbianos e materiais derivados de plantas, por exemplo, preparados a partir de algas macroscópicas.

A utilización de biosorbentes naturais constitúe unha alternativa aos produtos de síntese; resultan máis interesantes, xa que están amplamente dispoñibles na natureza, son económicos, non son tóxicos e son biodegradables. Os biosorbentes utilizables e técnicas de fitofiltración son moi diversos. O contacto sólido-líquido permite a biosorción e, unha vez saturado o biosorbente nos metais contaminantes, pode levarse a un vertedoiro seguro ou ben pode ser reutilizado trala elución dos metais.