Sucesión cronolóxica planificada de cultivos nunha orde regular que se repite ao longo de varios anos (con posibles variantes) nunha mesma parcela, con indicación das principais operacións de cultivo e o momento de realizalas. Os cultivos elíxense atendendo á súa complementariedade para mellorar as condicións de calidade do solo, controlar mellor as pragas e evitar as desvantaxes do monocultivo. Na devandita elección téñense en conta igualmente as características do mercado.