Fenómeno que se produce cando unhas partículas de solo se moven unhas respecto a outras ao aplicar unha tensión de cizallamento. É un compoñente da forza de corte dun solo, que se indica polo término σ tang θ, na ecuación de Coulomb τ = c + σ tang θ, onde τ é o esforzo de cizalladura; σ é o esforzo normal; c é a cohesión; e θ é o ángulo de rozamento. Adóitase considerar que se debe ao acoplamento dos grans do solo e á resistencia ao esvaramento entre os grans.