Proceso de acumulación in situ de sales máis solubles que o xeso, sen mediar transporte, que teñen a súa orixe nos produtos da meteorización de rochas que conteñen minerais como a albita, p. ex., na concepción de autores rusos como VA. Kovda. É un proceso pouco frecuente, xa que os produtos solubles resultantes da meteorización son facilmente transportados en disolución, e se acumulan noutro lugar da paisaxe, onde producen unha salinización secundaria. Hai autores que utilizan o termo salinización primaria como sinónimo de salinización natural e consideran que a salinización debida a accións humanas é un proceso de salinización secundaria.