...

Forma subacuática de humus que consiste nunha capa húmica negra en forma de lodo de zonas somerxidas, nun medio redutor, que contén principalmente restos de plantas macrófitas (bentónicas), e que se descompuxo grazas á actividade microbiana anaerobia. A definición orixinal (Wasmund, 1930) refírese a ambientes lacustres onde a auga do fondo contén H2S disolto e, en consecuencia, non hai fauna bentónica. Posteriormente, o termo ampliouse para incluír depósitos mariños de cor verde oliva, gris ou marrón e que contén material orgánico tanto planctónico como macrofítico.