...

Asociación ou dependencia para a alimentación de dous organismos que combinan as súas capacidades metabólicas para catabolizar substancias que, individualmente, non poderían catabolizar e así facer factible o metabolismo xeral de ambos organismos.

As bacterias fermentativas e arqueas metanóxenicas levan a cabo un proceso metabólico complexo que se basea na transferencia de hidróxeno, formiato ou acetato de bacterias fermentativas a metanóxenos, para facer que a degradación de substratos ricos en electróns sexa favorable de xeito termodinámico.