Compartillamento total ou parcial de recursos ou doutros factores (espazo, alimento, predadores, fenoloxía ou outro) entre dúas ou máis especies. É un concepto importante na ecoloxía de comunidades porque determina cantas e que especies poden coexistir nunha comunidade.