...

Solo cunha concentración elevada dunha ou máis especies microbianas cuxa actividade antagonista é específica fronte a un patóxeno determinado, o que proporciona niveis altos de protección.

Por exemplo, segundo W. K. Mousa e M. N. Raizada M. N. (2016), a enfermidade da raíz do trigo (Triticum aestivum L.) causada por Gaeumannomyces graminis var. tritici, fronte á que non hai cultivares resistentes, nin funxicidas efectivos, pódese reducir mediante biocontrol e prácticas de cultivo. O solo con supresión específica obtense mediante monocultivo continuado de trigo durante uns cinco ou sete anos. A supresión específica mellórase ao aumentar a poboación de Pseudomonas fluorescens, que produce antibióticos, ácidos fenazino-carboxílicos e 2, 4-diacetilfloruglucinol, co que se reduce a enfermidade.