...

Solo cuxa xénese, propiedades e comportamento están condicionados por un exceso de auga, e cuxos poros están saturados de auga de maneira permanente ou temporal. Teñen en común unha anaerobiose (temporal ou permanente), redución do ferro a Fe2+, o que aumenta a súa solubilidade e a súa mobilidade, podendo migrar a pequenas distancias e reprecipitar como Fe3+ en zonas localmente aireadas ou ser translocado fóra do solo. A morfoloxía do perfil pode ser moi distinta duns solos a outros, polo que na Soil Taxonomy se distribúen en distintos Ordes.