Solo cuxa cor foi herdada directamente do material orixinario. Por exemplo, a abundancia de carbonato cálcico confírelle ao solo unha cor branca ou aclara o seu matiz; as rochas sedimentarias arxilosas son moi coloreadas antes da edafoxénese e o solo pode herdar a súa cor (cor litoxenética); os arenitos vermellos confiren cores rosadas ao solo; e as lousas e xistos outórganlle cores escuras.