Solo que é susceptible de manifestar unha variación no seu estado de tensións ou na súa estrutura debido a unha saturación de auga sobrevida. Iso provoca unha reordenación de partículas e un cambio de volume, do que deriva unha deformación ou un colapso, sen que sexa necesaria a aplicación dunha forza externa. O colapso brusco da estrutura ten lugar cando as tensións entre as partículas exceden á forza de unión entre elas ao saturarse de auga. A forma de empaquetado das partículas e as condicións de contorno asociadas ao contido de humidade do terreo, xa sexa por perda ou por incremento de humidade, determinan o comportamento do solo no sentido de se será metastable ou non.
Existen diversos tipos de solos metastables: 1) de orixe eólica loess; 2) solos residuais cunha elevada relación de ocos e estrutura inestable; 3) solos con materiais susceptibles de disolverse (sales, xeso); 4) materiais saturados de auga sometidos a bombeos ou drenaxes sobrevidos. O hidrocolapso dos solos de loess constitúe un dos maiores problemas xeotécnicos no mundo, xa que se teñen lugar asentamentos diferenciais poden producir danos importantes nas construcións e infraestruturas construídas encima desta clase de solos.